Deseño e fabricación de todo tipo de etiquetas en Galicia

Deseño e fabricación de todo tipo de etiquetas en Galicia

Salnet somos unha empresa adicada ao deseño e fabricación de etiquetas en Galicia e España para todo tipo de sectores industriais. Tamén ofrecemos un servizo de acabados co que elevar a aparencia de deseño das túas etiquetas e outro de deseño gráfico e reimpresión.

Dende os nosos inicios, traballamos para brindar solucións adaptadas a cada caso, ofrecendo comunicación e interese cara cada un dos nosos clientes. Cunha longa experiencia no sector, en Salnet sabemos que o etiquetado é un aspecto fundamental na presentación de produtos e servizos.

Por iso, esforzámonos por ofrecer etiquetas en Galicia que sexan visualmente atractivas, duradeiras e que cumpran cos estándares que require cada sector.

Por que elixir Salnet para as túas etiquetas?

Compromiso

Construímos relacións sólidas e duradeiras cos nosos clientes, baseadas na confianza.

Fidelidade

Enorgullécenos contar cunha base de clientes leais que confían en nos.

Calidade

Dende o deseño ata a impresión e o corte, cada paso realízase con atención, empregando os mellores materiais.

Experiencia

Os nosos anos no sector avalan todos os traballos de etiquetado e acabados que ofrecemos.

Etiqueta os teus produtos con Salnet!

Etiqueta os teus produtos con Salnet!

Non esperes máis para contactar coa nosa empresa de etiquetado industrial en Galicia. En Salnet asesorámoste e axudamoste a facer as etiquetas máis atractivas para os teus produtos.

Pide orzamento

 En Salnet ofrecemos traballos de deseño gráfico

En Salnet ofrecemos traballos de deseño gráfico

En Salnet, non só nos enfocamos en ofrecer un servizo de etiquetado excepcional, senón que tamén brindamos solucións de deseño gráfico para complementar e realzar aínda máis as túas etiquetas.

  • O deseño desempeña un papel fundamental na captación da atención do consumidor e na creación dunha imaxe de marca impactante.
  • Axudámoste a crear unha nova identidade de marca.
  • Facemos actualizacións de deseños xa existentes.
  • Creamos etiquetas personalizadas dende cero.

Todo o que precisas saber sobre os nosos servizos

Hai pedido mínimo?

Non. En Salnet non temos pedido mínimo.

Cal é o prazo de entrega aproximado?

Aproximadamente 15 días dende a realización do pedido.

Ofrecedes etiquetas térmicas?

Si. En Salnet ofrecemos etiquetas térmicas directas e de transferencia térmica en Galicia.

Etiquetas adhesivas en Galicia
Segue as redes sociais de Salnet para non perder nada

Segue as redes sociais de Salnet para non perder nada

Instagram Facebook

Fai xa o teu pedido de etiquetas industriais en Galicia!

Fai xa o teu pedido de etiquetas industriais en Galicia!

Contacta agora con Salnet e non esperes máis para facer o teu pedido de etiquetas. Os nosos expertos asesorarante con todo o que precises.

Facer pedido